COMEZOU POR CONTANOS QUE HÁBITOS SAÚDABLES DEBEMOS DE TER PARA TER UNS DENTES SANS E FORTES:
1- CEPILLAR OS DENTES DESPOIS DE CADA COMIDA. CUN POUQUIÑO NADA MÁIS DE PASTA. CEPILLADO SUAVE. LIMPAR TAMÉN A LINGUA XA QUE NELA SE ACUMULAN BACTERIAS.
2- CONTROLAR E NON ABUSAR DOS CHUCHES E DOS ALIMENTOS CON MOITO AZUCRE: COMO OS XEADOS.
3- MASTICAR BEN A COMIDA.
4- FACER UNHA REVISIÓN ANUAL Ó NOSO ODONTÓLOGO.
OS NENOS NON PERDERON DETALLE E TOMARON BOA NOTA PARA COMUNICALO NA SÚA CASA.
AMOSOULLES TAMÉN ESTE LIBRO NO QUE CONTA UNHA SERIE DE CONSELLOS PARA QUE OS NENOS SE CONCIENCIEN NO COIDADO DA SÚA DENTADURA E ADVERTIR DE POSIBLES DOENZAS.
INSISTÍA QUE SÓ ASÍ, SEGUINDO ESTES CONSELLOS TAN SINXELOS, LUCIREMOS AS MELLORES DAS NOSAS SONRISAS: CON DENTES LIMPOS E SANS
E COMO A MAMÁ QUERE QUE TEÑAMOS A MELLORES DAS NOSAS SONRISAS AMOSANDO OS NOSOS DENTES PRECIOSOS, NOS MOSTROU UNHA CAIXA DE TESOUROS...UNHA CHEA DE BOLSIÑAS CON UN MOI BO EQUIPO PARA O NOSO CEPILLADO.
UNHA BOLSIÑA PARA CADA UN!!!...A VERDADE É QUE VAI SER O MELLOR TESOURO PARA OS NOSOS DENTES.
E ASÍ DE CONTENTOS LEVAMOS O NOSO TESOURO PARA AMOSALO NA CASA E A POÑELO NO NOSO BAÑO PARA UTILIZAR TODOS OS DÍAS....
GRACIÑAS MAMI PORQUE CONTIGO DESCUBRIMOS COMO PODER TER SONRISAS BONITAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario