COMO XA SOMOS UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS COA CÁMARA, E COA CHEGADA DO BO TEMPO DESCUBRIMOS UNHA MARAVILLA NO NOSO XARDÍN QUE NON PODÍAMOS DEIXAR ESCAPAR...... UNHA AZALEA IMPRESIONANTE!!!.
ESTIVEMOS " XOGAMOS" COAS DISTANCIAS.......
E OS NENOS FIXERON UNHAS BONITAS FOTOS.
Son
unhas sesións de ensaio, para cando fagamos a nosa ruta polos espazos naturais( que formará parte da nosa guía " Móvete por Cangas") e poder
empregar a cámara con soltura dando autonomía para cando saiamos a
facer a nosa ruta de sendeirismo, os nenos poidan realizar as súas
fotos como profesionais.
Fotografiando a nosa azalea, nos
acercamos tanto a nosa azalea, os máis curiosos trouxeron á clase
esta flor...
Despois de
observala, se preguntan como se
chaman eses filamentos que están no centro da flor.
Mediante
unha posta en común na aula de como podemos facer para averigualo,
deciden:
- preguntar polo cole as mestras.
- Buscar nos libros de flores, plantas e árbores que hai na Biblio.
- Tamén na web.
Pois
comeza a nosa viaxe de exploración. Primeiro preguntamos ás mestras
que imos atopando polo cole.
Nos dín
que : “pistilos, estames....”, non está moi claro. Xa temos
algunhas pistas do que pode ser, asique imos á Biblio para averiguar
máis.
Ollando estes últimos exemplares, atopan as primeiras respostas.
Completamos a nosa información na web.
Con esta
imaxe nos queda máis claro....amosamos ós nenos que o pistilo
é o que sae do tallo da flor un óvalo rosa case con forma de
botella, e os estames os filamentos delgados ...
Pasamos a
representalo graficamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario