domingo, 10 de junio de 2012

VISITAMOS O ZOO DE VIGO.

TODOS OS PEQUES DE INFANTIL FOMOS DE EXCURSIÓN Ó ZOO DE VIGO. ESTABAMOS AGARDANDO POR ESTE GRAN DÍA DENDE HAI SEMANAS. OS ANIMAIS SON UNHA VERDADEIRA PASIÓN PARA ESTES NENOS. NÓS NA AULA CREAMOS O NOSO PROPIO ZOO, ELABORANDO CON PLASTI  OS ESPACIOS E LOGO COLOCAMOS OS ANIMAIS QUE TEMOS DE GOMA...LEMOS LIBROS, BUSCAMOS NOS CONTOS DA BIBLIO DE AULA, OS ANIMAIS PROPIOS DO ZOO.

O MARTES DÍA 9 POLA MAÑÁ, O CEO DE CANGAS NON PRONOSTICABA UN BO DÍA DE SOL...PERO NÓS CON TODA A ILUSIÓN PREPARAMOS MOCHILAS E COLLEMOS O BUS, DIRECCIÓN ZOO DE VIGO.
Ó CHEGAR, QUIXEMOS REPOÑER FORZAS CUNHA PEQUENA MERENDIÑA....


COMO OS ANIMAIS PARECE QUE AINDA NON SE DESPERTARAN, FOMOS DAR UN PASEÍÑO CARA O MIRADOR


DESPOIS DE CONTEMPLAR AS BOAS VISTAS, INTENTAMOS FACER UNHA FOTO DE GRUPO..


COMO XA SE ÍA ACERCANDO A HORA DE ENTRADA BAIXAMOS.
COMEZOU A CHOVER MIÚDO E AS NOSAS ILUSIÓNS DE VER OS ANIMAIS ESTABAN EMPEZANDO A DESMORONARSE...
AS MONITORAS PROPUXÉRONNOS VER O TERRARIO.

BICHIÑOS, QUE TANTO NOS GUSTAN.


PEGADAS DE OSO...




CORNOS E CORNAS. XA SABEMOS AS DIFERENCIAS. OS CORNOS, OS QUE NUNCA SE CAEN E AS CORNAS AS QUE SÍ SE CAEN COMO NO CASO DOS GAMOS...



EDEXARONNOS TOCALOS. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE ALGÚNS ESTÁN FEITOS DE ÓSO.




NESTE CASO, PUIDEMOS VER DE CERCA, SERPES E CAMALEÓNS....SORPRENDENTEMENTE OS NENOS NON AMOSARON TER MOITO MEDO!!!.

COMPROBAMOS QUE PARARA DE CHOVER E DECIDIMOS SAÍR POLO ZOO PARA VER OS ANIMAIS.








PUIDEMOS VISITAR....



CCERVOS....TODOS OS PEQUES PENSABAN QUE SE TRATABA DE BAMBI.





OS OSOS QUE OS ATOPAMOS DURMINDO...

NESTA IMAXE, OS NENOS INTENTAN ATOPAR OS MONOS QUE ESTÁN A XOGAR....CONSEGUIRON VELOS E  FÍXOLLES MOITA GRACIA A FORMA DE COMO SE COMPORTAN...

 OS ANIMAIS MÁIS BUSCADOS PERO TAMÉN OS MÁIS TEMIDOS. OS NENOS DERON VARIOS PASOS CARA ATRÁS CANDO ALGÚN DESTES LEÓNS SE MOVÍAN OU ABRIAN A BOCA.....


ESTA XORNADA CHEGA O SEU FIN. AÍNDA QUE A CHOIVA NOS XOGOU UNHA MALA PASADA E NON PUIDEMOS FACER A VISITA COMPLETA, OS PEQUES VAN MOI CONTENTOS PARA A CASA.
AGORA IMOS COLLER O BUS PARA IR DE VOLTA Ó COLE E ALÍ COMEREMOS XUNTOS E CONTAREMOS A NOSA EXPERIENCIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario