jueves, 14 de abril de 2016

INDAGAMOS NO MUNDO DAS ABELLAS.


Como punto de partida, queremos saber como se imaxinan  ás abellas...e comezan a ilustrar...





Parece que teñen bastante claro o aspecto qeue teñen as abellas.



     Pero queremos saber máis.....












Os peques de Infantil temos prevista unha saída á Apípolis(unha granxa de abellas), a curiosidade xorde nos nen@s de averiguar como son, como traballan e que fabrican as abellas. Para o que consideran necesario ir á Biblio a documentarse....




Atopamos un exemplar na nosa sección de Natureza de Infantil.


E outro máis na sección de consulta adicada a natureza.

 
 
Os nosos pequenos usuarios comezan a investigar...

Con atención reparan nas imaxes e conversan sobre o que ven: confirman algúns datos que xa teñen previamente e amplían outros...






 
 
O Equipo de Biblioteca, como coñece que os peques están a documentarse no mundo das abellas, organizan co profe Xose, un auténtico experto apicultor, unha sesión informativa a modo de exposición na nosa Biblio.
Todo o alumnado de Infantil non falta a esta cita tan interesante...
O noso experto apicultor conta cunha axudante moi especial, a abella Melli que vai a presentarlles ós nenos o seu traballo e como se organizan na colmena para fabricar o mel..
Moi atentos no apartaban a mirada da pantalla e escoitaban con entusiasmo as explicacións..
 
 
 
 


Amosoulles panais dunha colmena e o traxe de apicultor para ir recoller o mel nas colmenas.
Os peques moi entusiasmados puideron tocalos, poñer o traxe....



 




A sesión remata cunha gran degustación de mel que trouxo Melli para os nenos.



Probaron froita, queixo, galletas e picos de pan bañados co mel. UMMMM!!!!, un gran éxito.
Despois das sesións de documentación cos libros e da charla do noso apicultor, toca poñer a proba os coñecementos adquiridos e todo o que sabemos sobre AS ABELLAS.
Traballando por equipos, fixeron un debuxo dunha abella e escribiron as partes do corpo que ollaron nos libros.

Entre todos elaboraron un mural representando un xardín
 
Colocaron máis información...

 
Así nos contan os nenos: “ as abellas van buscar o néctar ás flores”.
 
 
Na colmena as abellas están moi ben organizadas”, traballan as obreiras.
Deste xeito, os nenos diferencian entre obreiras e zánganos que estes últimos son as abellas que non traballan.

A colmena está organizada por unha reina”
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada