miércoles, 25 de noviembre de 2015

SEMANA DA PRENSA...

Comezamos na asamblea falando do que é a prensa. Cando decimos que prensa son os xornais e as revistas os nenos xa empezan  a comentar cousas que coñecen: que teñen novas con letras e fotos, o tempo.....

 De seguido, repartimos xornais por grupos para que os nenos os miren con calma. Deberán de buscar novas que sexan de espazos naturais....Os nenos evidentemente van a reparar nas imaxes nas que aparezan zonas verdes, o  mar....

Canto traballamos !!


Cada grupo xa ten as súas novas seleccionadas....

Neste momento deberán de debatir en grupo si todas son de espazos naturais. Ademáis separarán as novas dos anuncios ofrecendo as propias diferencias que se establecen entre elas...

Un encargado de cada equipo aportará as súas novas e entre todos valoramos os resultados.....
Colocaremos as novas nunha columna e os anuncios noutra.




Finalmente tivemos unha idea: facer un anuncio sobre Cangas invitando a coñecer os seus espectaculares espazos naturais....Resultado que amosaremos en breve.


No hay comentarios:

Publicar un comentario