jueves, 14 de abril de 2016

INDAGAMOS NO MUNDO DAS ABELLAS.


Como punto de partida, queremos saber como se imaxinan  ás abellas...e comezan a ilustrar...





Parece que teñen bastante claro o aspecto qeue teñen as abellas.



     Pero queremos saber máis.....












Os peques de Infantil temos prevista unha saída á Apípolis(unha granxa de abellas), a curiosidade xorde nos nen@s de averiguar como son, como traballan e que fabrican as abellas. Para o que consideran necesario ir á Biblio a documentarse....




Atopamos un exemplar na nosa sección de Natureza de Infantil.


E outro máis na sección de consulta adicada a natureza.

 
 
Os nosos pequenos usuarios comezan a investigar...

Con atención reparan nas imaxes e conversan sobre o que ven: confirman algúns datos que xa teñen previamente e amplían outros...






 
 
O Equipo de Biblioteca, como coñece que os peques están a documentarse no mundo das abellas, organizan co profe Xose, un auténtico experto apicultor, unha sesión informativa a modo de exposición na nosa Biblio.
Todo o alumnado de Infantil non falta a esta cita tan interesante...
O noso experto apicultor conta cunha axudante moi especial, a abella Melli que vai a presentarlles ós nenos o seu traballo e como se organizan na colmena para fabricar o mel..
Moi atentos no apartaban a mirada da pantalla e escoitaban con entusiasmo as explicacións..
 
 
 
 


Amosoulles panais dunha colmena e o traxe de apicultor para ir recoller o mel nas colmenas.
Os peques moi entusiasmados puideron tocalos, poñer o traxe....



 




A sesión remata cunha gran degustación de mel que trouxo Melli para os nenos.



Probaron froita, queixo, galletas e picos de pan bañados co mel. UMMMM!!!!, un gran éxito.
Despois das sesións de documentación cos libros e da charla do noso apicultor, toca poñer a proba os coñecementos adquiridos e todo o que sabemos sobre AS ABELLAS.
Traballando por equipos, fixeron un debuxo dunha abella e escribiron as partes do corpo que ollaron nos libros.

Entre todos elaboraron un mural representando un xardín
 
Colocaron máis información...

 
Así nos contan os nenos: “ as abellas van buscar o néctar ás flores”.
 
 
Na colmena as abellas están moi ben organizadas”, traballan as obreiras.
Deste xeito, os nenos diferencian entre obreiras e zánganos que estes últimos son as abellas que non traballan.

A colmena está organizada por unha reina”
 

miércoles, 13 de enero de 2016

OS NOSOS AGASALLOS DE REIS....

COA VOLTA DAS VACACIÓNS DE NADAL, OS NENOS CONTAN NA ASAMBLEA CON MOITA ILUSIÓN E ALEGRÍA A SÚA NOITE DE REIS, OS SEUS AGASALLOS.
























viernes, 18 de diciembre de 2015

POR UN NADAL MÁXICO !!!

MAXIA QUE DESCUBRIMOS COMPARTINDO LECTURAS NO PATIO.

AS NOSAS CONVERSAS NA AULA CADA MAÑÁ, O NOSO SAÚDO DE BENVIDA E POSTA EN MARCHA DO NOSO TRABALLO. UN PROXECTO MOI ESPECIAL NOS AGARDA.....SEGUIMOS INMERSOS NOS ESPAZOS NATURAIS DE CANGAS.

POR ESO, CON MOITA ARTE PINTAMOS O NOSO ESPAZO NATURAL

OS LOCALIZAMOS NO MAPA

E COMPARTIMOS UNHA GRAN EXPERIENCIA ORGANIZANDO UNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLOS ARREDORES DE MASSÓ COS COMPAÑEIROS DE TOLEDO, GIRONA E OS NENOS DE 5º DO NOSO COLE.
UNHA RUTA MÁIS POR RODEIRA PARA ACERCARNOS CON OUTROS OLLOS ÓS NOSOS ESPAZOS MÁIS QUERIDOS....
CAMIÑAMOS XUNTOS.....

DISFRUTAMOS DO NOSO PARQUE

ACERCÁNDONOS ÁS NOSAS ÁRBORES: DEBUXANDO OS NOSOS CASTIÑEIROS...
ESPECTANTES ANTE UNHA ESPECIAL SORPRESIÑA QUE RECIBIMOS DA PROFE SALOMÉ


PARA TODOS......BO NADAL!!!



miércoles, 25 de noviembre de 2015

SEMANA DA PRENSA...

Comezamos na asamblea falando do que é a prensa. Cando decimos que prensa son os xornais e as revistas os nenos xa empezan  a comentar cousas que coñecen: que teñen novas con letras e fotos, o tempo.....

 De seguido, repartimos xornais por grupos para que os nenos os miren con calma. Deberán de buscar novas que sexan de espazos naturais....Os nenos evidentemente van a reparar nas imaxes nas que aparezan zonas verdes, o  mar....

Canto traballamos !!


Cada grupo xa ten as súas novas seleccionadas....

Neste momento deberán de debatir en grupo si todas son de espazos naturais. Ademáis separarán as novas dos anuncios ofrecendo as propias diferencias que se establecen entre elas...

Un encargado de cada equipo aportará as súas novas e entre todos valoramos os resultados.....
Colocaremos as novas nunha columna e os anuncios noutra.




Finalmente tivemos unha idea: facer un anuncio sobre Cangas invitando a coñecer os seus espectaculares espazos naturais....Resultado que amosaremos en breve.